MANUEL E ELISA, DE TIC TAC PRODUCCIONES, NO MÁLAGA MARKETS 2008

1 / 12 / 2008

A longametraxe Manuel e Elisa do director Manuel Fernández Valdés que produce Tic Tac Producciones estará presente no Málaga Markets 2008 dentro da sección “Nacido en Málaga” que terá lugar dende hoxe ata o mércores.
Manuel e Elisa quedou seleccionada xunto con outros tres documentais europeos que participaron no Mercadoc de Málaga entre 2005 e 2007, para unha proxección especial que se realizará fronte a distribuidores e compradores internacionais.

O director, Manuel Fernández Valdés, e a súa produtora, Fernanda del Nido, estarán presentes no devandito evento para presentar a película.

Máis información: www.manuelyelisa.com

Outros proxectos, seleccionados polo Programa Ibermedia

Por outra banda, “Agua fría del mar” e “¿Qué culpa tiene el tomate?”, ámbolos dous coproducidos por Tic Tac Producciones, foron seleccionados para o apoio do Programa Ibermedia na súa segunda convocatoria 2008.

“Agua fría del mar” foi dirixida pola directora costarricense Paz Fabrega e “¿Qué culpa tiene el tomate?” polos directores: Alejo Hoijman , Jorge Coira , Josué Mendez, Marcos Loayza , Paola Vieira, Carolina Navas e Alejandra Szeplaki.

Categoría: Noticias
Etiquetas: