«¡Maldito Bastardo!», a longametraxe galega máis bizarra do século XXI, continúa o seu periplo festivaleiro facendo parada nun dos puntos clave do cine fantástico mundial, o imprescindible Festival Internacional de Sitges.
Chegados recentemente de Holanda, tra-la presentación do filme no BUT Film Festival, o equipo da película xa fai os preparativos para a viaxe ó festival de Cataluña, onde a película será proxectada o día 9 de outubro dentro da sección «Midnight X-trem». Unha das máis queridas polos asiduos ó festival, caracterizada por ser lugar de encontro para as propostas máis exóticas e radicais do cine de xénero dos últimos anos.
¡Maldito Bastardo! é unha longametraxe dixital 100% galega e independente, dirixida polo mozo compostelán Javi Camino e protagonizada por Juanillo Esteban, Pilar Miguélez e Tamar Novas.
Unha produción filmada o longo de tres anos, xa que súa carencia de presuposto facía imposible unha rodaxe convencional. Pese a todo, esta circunstancia non está a ser impedimento para que a longametraxe estea a ser seleccionada nos principais festivais internacionais especializados, chegando incluso a gañar o premio a «mellor película» no festival italiano Fearmament.
Más Info:
http://www.cinemasitges.com/
www.malditobastardo.net