Despois do éxito e repercusión da I Mostra de Cine África, este ano impúlsase novamente a través da Deputación da Coruña, co apoio de Casa África e o Festival de Cine Africano esta II Mostra de Cine África 2010, renovando non só a carteleira de películas senón contando tamén coa participación do Director dun dos films, Malam Saguirou de Nixer.
Ábrese así por segunda vez unha xanela ao continente veciño, dende a perspectiva dos seus propios protagonistas: as africanas e africanos, utilizando ó cine como ferramenta para a difusión da propia concepción da realidade africana. Afonda pola vía dos feitos e das percepcións, en como as persoas que viven neste continente enfrontan as súas vidas, a súa loita cotiá, os desafíos e esforzos tanto individuais como colectivos, dentro da diversidade que supón a vida nun continente enteiro, con culturas, linguas, crenzas e organizacións sociais diferentes.
Xa que logo, tendo en conta que un dos obxectivos fundamentais do Festival de Cine Africano é Cinenómada, preténdese con esta iniciativa dar a coñecer parte da produción fílmica do continente africano ao maior número de espectadores posible.
O programa ao longo dos tres días será o seguinte:
Xoves 4
20:00 Horas.Inauguración Comisario Cine África.
20:15 Horas.
Proxección de Le reve de Tiya. de Abderrahmane Sissako.Ficción| Francia – 2008– 12’– DVcam – color – VO fula –Subtitulado Castelán
20:30 Horas.
Proxección de L’Absence. de Mama Kéïta.Ficción| Senegal/Francia – 2009– 82’– HD/35mm – color – VO uolof, francés – Subtitulado castelán
Venres 5
20:00 Horas.
Proxección de Made in Mauritius. de David Constantin.República de Mauricio – 2009 – 7’ – DVC Pro HD – Color – Criollo mauriciano – Subtitulado castelán
20:10 Horas.
Proxección de Imani. de Caroline Kamya.Uganda, Suecia – 2010 – 82’ – HD Cam – Color – Acholi, luganda, inglés – Subtitulado castelán
21:30 Horas.Cine Forum con coñecedor da realidade africana e/ou audiovisual. PONENTES: Azul Muñoz Leira, especialista en Resolución de conflictos, procesos de paz y reintegración de grupos vulnerables y Carlos Roma Presentador y Experto en medios Audiovisuales, televisión, cine, radio y teatro.
Sábdo 6
19:30 Horas.
Proxección de Hóspedes da noite. de Licínio Azevedo.Documental| Mozambique/Portugal –2007– 53’– color – VO portugués –
20:30 Horas.
Presentación: director invitado Malam Saguirou (Níger)
Proxección de La Robe du Temps.Documental | Níger/Francia – 2008– 52’– DVCam – color – VO hausa, francés – Subtitulado castelán
21:30 Horas.
Diálogo co director Malam Saguirou.