MÁIS DE 350 PERSOAS ASISTIRÁN Ó II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

9 / 12 / 2004

A día de hoxe, máis de 350 persoas inscribíronse para asistir ó II Congreso Galego Audiovisual que se celebrará en Santiago os vindeiros 16, 17 e 18 de decembro. É de salienta-la masiva inscrición de estudantes dos distintos centros relacionados co sector: dende a Escola TIC de Lugo, a Escola de Imaxe e Son Marcote, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago ou o Máster de Creación Audiovisual, o EIS da Coruña ou a Escola Marcelo Macías, estudantes para os que o Congreso –no caso daqueles de fóra de Compostela- creou unha tarifa especial de 50 euros, que inclúe aloxamento, almorzos e xantares.
MÁIS DE 350 PERSOAS ASISTIRÁN Ó II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

O orzamento do Congreso ascende a 140.000 euros

Santiago, xoves 9 decembro 2004.- A día de hoxe, máis de 350 persoas inscribíronse para asistir ó II Congreso Galego Audiovisual que se celebrará en Santiago os vindeiros 16, 17 e 18 de decembro. É de salienta-la masiva inscrición de estudantes dos distintos centros relacionados co sector: dende a Escola TIC de Lugo, a Escola de Imaxe e Son Marcote, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago ou o Máster de Creación Audiovisual, o EIS da Coruña ou a Escola Marcelo Macías, estudantes para os que o Congreso –no caso daqueles de fóra de Compostela- creou unha tarifa especial de 50 euros, que inclúe aloxamento, almorzos e xantares.

A Universidade da Coruña, concedeu 2 cretos para os alumnos de calquera das carreiras especializadas, e a Universidade de Vigo-Pontevedra e a de Santiago, concederon un creto de libre configuración para tódolos alumnos que acudan, tamén de calquera especialidade.

Taller para Estudantes “Docustellae”

Este Taller, “Docustellae”, está patrocinado por varias marcas e empresas, como son Avid, Sony, Spica, EPC-Ficción e Inforhouse. Este taller dará a máis de 100 estudantes a posibilidade de realizar un mini-documental de 3 minutos de duración, sobre a temática que estes consideren oportuna. Un xurado composto por 5 óu 6 persoas premiará ó final, ós 3 mellores traballos agasallando cunha cámara de fotos dixital, un reproductor-gravador de DVD e un software de postproducción.

Relatores e Plenarios

Son moitos e moi importantes tódolos profesionais que participan como relatores ou integrando as Mesas e Encontros que se celebrarán ó longo do Congreso. Cabe salientar, segundo as Áreas Temáticas, a:

Contidos: Stephen Frears (Director Irlandés), Jose M. Lorenzo (director Grupo Drive), Enrique Nicanor, Giacomo Mazzone (Secretario Adxunto da Unión Radiotelevisiones Europeas).

Perfís Profesionais: Michael Schmetz (experto en formación de animación), Josep Maixechs (Director da SCAC), Montserrat Martí (Universidade Pompeu Fabra).

Industrias Culturais: José Mª Monzoncillo (Catedrático da Universidade Juan Carlos I), Jaume Santacana (Director Xeral Prodigios, do Grupo Planeta) ou Fernando Luaces (Boa Records).

Patrimonio Audiovisual: Alfonso del Amo (Filmoteca Nacional), José Manuel Costa (Cinemateca Portuguesa), Manuel Carril (Director da Cinemateca Uruguaya)

Cadea de Valor: Miguel Ángel Benzal (Director Xeral de Egeda), Natividad Ascoz e Mª Dolores Yust (especialistas en merchandising e publicidade), e Eduardo Bautista (Presidente da SGAE)

Novos Media: Simon Jones (Director de Media Lab Europa), Jorge Huget (Playstation), Peter Olaf (especialista en medios interactivos), Antoni Esteve (Presidente de Lavinia TC) e Fernando Pardo (Presidente Mundo Conectado).

Patrocinadores e Colaboradores

Son sete as empresas que estarán presentes con casegtas propias no recinto do Congreso: Spica (xunto coas firmas Avid e Panasonic), EPC-Ficción Producciones, Sadilsa, Caixanova, Consorcio Audiovisual de Galicia, Compostela Film Comisión e Aisge (Artistas, Intérpretes, Sociedad de Gestión). Estarán ademais 14 empresas do sector expoñendo os seus productos audiovisuais na Exposición que se está organizando, e á que aínda se espera o achegamento de máis empresas.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, é o principal patrocinador do Congreso a través de varios departamentos e entidades, como a Sociedade Anónima do Plan de Xestión do Xacobeo, así como da dirección xeral de Comunicación e Audiovisual, e o Consorcio Galego do Audiovisual. Tamén contamos coa Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta, a entidade SGAE e o Consello da Cultura Galega.

As entidades, organismos e empresas colaboradoras deste Congreso son: a CRTVG, EGEDA, a Fundación AISGE, as empresas Spica, Ficción Producciones-EPC, Sadilsa, Sutega, Tórculo e Inferhouse, as firmas Avid, Panasonic e Sony, o Concello de Santiago de Compostela, o CGAI, e a Compostela Film Comisión.

A organización

Ademais, no equipo de organización do Congreso, participaron os 26 membros do Comité Organizador do mesmo, e os 42 expertos distribuidos nas 6 Áreas Temáticas de que se compón o Congreso, coordinados por Manolo Gómez (Presidente da Academia Galega do Audiovisual e do Comité Organizador do Congreso), Ignacio Varela (director do Consorcio Galego do Audiovisual), Carlos Carballo (representando á CRTVG nos Ctés. Organizador e Executivo), así como os membros do Comité Executivo do Congreso Ramón Domínguez, Miguel Anxo Fernández, Enrique Rivadulla Corcón, Luís Hernández e Xaime Fandiño.

A Secretaría Técnica do Congreso estivo integrada por tan só 3 persoas, ás que cómpre engadi-los 25 técnicos das distintas especialidades que se incorporarán nestes días previos ó Congreso, e até o peche do mesmo.

O orzamento total deste congreso ascende ós 140.000 euros.

Categoría: Noticias
Etiquetas: