JOAQUÍN VALLET ESTARÁ NO CICLO DE CONFERENCIAS “VOCES NA NÉBOA: DISECCIONANDO O CINE DE TERROR”

29 / 05 / 2013

Mañá, xoves 30 de maio ás 20.00h, Joaquín Vallet estará no Museo de Arte Contemporánea de A Coruña para impartir unha conferencia dentro do ciclo “Voces na néboa: diseccionando o cine de terror” que ven celebrando a entidade. A entrada é de balde, aforo limitado.

O medo é unha das emocións máis primarias e poderosas que existen, e iso o cine sábeo moi ben. A través dunha serie de conferencias con directores, guionistas e escritores moi relacionados co mundo do terror, diseccionaremos os mecanismos que se utilizan para provocar medo no espectador e realizaremos un apaixonante e amplo percorrido pola historia do cine de terror e as súas conexións con outras artes como a literatura ou a música.

Joaquín Vallet

Escritor e crítico cinematográfico, dirixiu varias curtametraxes, conseguindo unha vintena de galardóns en varios festivais e escribiu para diversos medios como a revista especializada ScifiWorld. A súa última publicación foi un Dicionario de películas de terror, actualmente en todas as librarías con grande éxito de crítica e público. Con Joaquín afondaremos na produtora inglesa Hammer e debateremos sobre as mellores películas de terror da historia. Durante a charla proxectarase diverso material audiovisual para a súa análise.

Categoría: Noticias
Etiquetas: