Dentro do programa de actividades de Amal, o prestixioso investigador Jesús Núñez Villaverde, impartirá unha conferencia sobre Siria na Igrexa da Universidade. Será o venres 19 de Outubro ás 12,00 h do mediodía. Acompañando ao coloquio, proxectarase unha película documental sobre o clan Assad, “Syrie, le crepuscule des Assad”, dirixida polo francés Vincent de Cointet. O documental fai un retrato dos Assad e do seu poder sobre Siria. O seu director móstranos unha sutil investigación que axuda a comprender as divisións que hai en Siria.
Jesús Núñez Villaverde é Codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH) e especialista en temas de seguridade, construción da paz e prevención de conflitos; con particular atención ao mundo árabe-musulmán. D. Jesús Núñez é, tamén, membro de diversos organismos nacionais e internacionais, ademais de profesor na Universidade Pontificia de Comiñas e colaborador en diferentes medios de prensa escrita, radio e televisión.