Interacción presentará as súas solucións avanzadas en Internet dirixidas específicamente a empresas do sector audiovisual. Esta presentación terá lugar mañan, día 18 de decembro, dentro do marco do II Congreso Galego Audiovisual. Destaca especialmente a presentación de AVLINK, unha solución avanzada para mellora-la xestión de proxectos audiovisuais. A presentación da firma galega centrarase en explica-las diferentes formas nas que as empresas do sector audiovisual poden aproveita-las avantaxes de Internet.
INTERACCIÓN PRESENTA AS SÚAS SOLUCIÓNS EN INTERNET PARA EMPRESAS DO SECTOR AUDIOVISUAL
Santiago, 17 de decembro de 2004
Interacción presentará as súas solucións avanzadas en Internet dirixidas específicamente a empresas do sector audiovisual. Esta presentación terá lugar mañan, día 18 de decembro, dentro do marco do II Congreso Galego Audiovisual. Destaca especialmente a presentación de AVLINK, unha solución avanzada para mellora-la xestión de proxectos audiovisuais.
A presentación da firma galega centrarase en explica-las diferentes formas nas que as empresas do sector audiovisual poden aproveita-las avantaxes de Internet.
Para unha empresa audiovisual, Internet ofrece importantes avantaxes á hora de promociona-la súa actividade e para promociona-los seus proxectos. Neste senso, Interacción fará un breve resumo da súa experiencia neste eido, aportando exemplos concretos dalgúns traballos realizados nos últimos anos para algúns dos proxectos audiovisuais galegos máis importantes.
Interacción aproveitará esta ocasión para presentar unha solución auténticamente innovadora: AVLINK.
AVLINK é unha solución avanzada que permite ás empresas audiovisuais centralizar nun único punto tódala información relacioada cun proxecto audiovisual desde que xurde a idea ata que chega á pantalla. Permite que tódolos membros do equipo que interveñen no proxecto poidan ter acceso á mesma información, evitando os problemas e custos que poden producirse si se utilizan os medios convencionais.
Esta é unha solución especialmente interesante si se ten en conta que nun proxecto audiovisual se conta coa participación dun nutrido equipo de profesionais que a miúdo se atopan en diferentes poblacións e, incluso, diferentes países. AVLINK ofrece un canle de comunicación directo, inmediato e doado de utilizar.
Esta solución pode utilizarse para todo tipo de proxectos audiovisuais: curtametraxes, series de televisión, documentais, etc. Non se requiren coñecementos técnicos xa que conta con mecanismos moi sinxelos de actualización da información. Só se necesita contar cun ordenador conectado a Internet.
AVLINK consta de diversos módulos relacioados entre si que permiten controlar tódala información xerada por un proxecto audiovisual: documentación, guións, recursos a utilizar, etc. Ademáis, o seu deseño modular permite a súa ampliación no futuro.
Con esta presentación culmínase un proxecto de investigación que durou tres anos. Na actualidade a firma galega está realizando as derradeiras probas antes de comeza-la súa comercialización. Para desenvolver esta aplicación Interacción contou co apoio da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.
Interacción é a principal empresa independente de comunicación interactiva de Galicia. O seu obxectivo é axudar ós seus clientes a aproveita-las avantaxes da tecnoloxía para promocionarse mellor, vender máis ou aforrar custos. Para elo desenvolve solucións avanzadas que combinan un alto nivel creativo cunha sólida base tecnolóxica. Entre os seus clientes atópanse algunhas das principais empresas de Galicia. Interacción recibiu diversos premios en recoñecemento á calidade do seu traballo.