A película «Inevitable» do director Jorge Algora (Adivina Producciones) foi seleccionada para participar no Festival de Cine Global Dominicano, dentro da Sección Miradas Hispanas, que terá lugar do 12 ao 20 de novembro en cinco cidades iberoamericanas. O Festival de Cine Global Dominicano trátase dun festival itinerante que percorrerá as cidades de Santo Domingo, Santiago, Puerto Plata, Nagua, Caucana e Haití. Nesta sección participan destacadas películas de produción Iberoamericana como «Tesis sobre un homicidio», «Blancanieves», «Las Brujas de Zugarramurdi» ou «El artista y la modelo».