HOXE ESTRÉASE A SERIE CASA MANOLA EN TVG

20 / 10 / 2014

Hoxe luns, 20 de outubro a partir das 22.10h, TVG estrea a nova comedia de Filmanova “Casa Manola”.

Sinopse:

Manola e o seu irmán Barrantes viven nunha casa rehabilitada grazas a unha subvención para Turismo Rural. Por motivos económicos, Nacho, o fillo de Manola, e a súa muller Vero, vense obrigados a abandonar a cidade que adoran para compartir teito co resto da familia e abrir a casa ao público.

Os choques producidos pola convivencia, ademais das interaccións dos protagonistas cos hóspedes e algún que outro curioso veciño, sacarán a relucir o mellor e o peor das personaxes sen perder nunca de vista o obxectivo principal: facer rir ao espectador.

Protagonistas: María Costas, Isabel Blanco, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo e Santi Romay.

Director: Javi Camino

Guionistas: Jacobo Paz e Xosé Antón Moure

Categoría: Noticias
Etiquetas: