Hoxe venres 20 de xuño CREA (Directores e Realizadores de Galicia Asociados) organiza a segunda parte da I Mostra de Curtas CREA que terá lugar ás 23.00 no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), na Coruña, na rúa Durán Loriga, número 10. A entrada será de balde.
A programación para esta sesión é a seguinte:
«Notamotof» (2004) de Rubén Coca
«El camino del agua» (1993) de Toño López
«Minas» (2003) de Dani de la Torre
«Leo» (2007) de Fernando Cortizo
«Corten» (2002) de Mario Iglesias
“Riazor Blues» (2005) de Alber Ponte.