HOLY MOTORS PECHA CICLO DE CINE DE AUTOR NO CINEBOX

28 / 05 / 2013

Remata o ciclo de Cine de Autor, e da primeira parte da tempada do cineclube no Cinebox, co denominado pola crítica europea «Mellor Filme do 2012», Holy Motors. Haberá pases ás 18.00, 20.30 e 23.00h. HOLY MOTORS  (2012, FRANCIA) 113 min.

Director: Léos Carax Guión: Leos Carax | Música: Neil Hannon | Fotografía: Yves Cape, Caroline Champetier | Reparto: Denis Lavant, Edith Scob, Kylie Minogue, Michel Piccoli, Eva Mendes, Jean-François Balmer, Big John, François Rimbau, Karl Hoffmeister | Productora: CNC /Les Films du Losange / Pierre Grise Productions 

Distribuidora: Avalon | Formato de exhibición: 35 mm, Cor / Blanco e negro, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en francés, inglés e chinés, con subtítulos en castelán)

Premios

2012: Festival de Sitges: Mellor película, director e Méliès d’Argent (mellor filme europeo)

Xénero

Drama | Cine experimental. Surrealismo

Sinopse

Un día na vida dun ser con múltiples caras: asasino, mendigo, executivo, monstro, pai de familia… O protagonista ten unha identidade completamente distinta en cada unha destas vidas. Encarna personaxes coma se se tratase dunha película dentro dunha película. Pero onde están as cámaras, o equipo de cine, o escenógrafo? E onde está a súa casa, o seu refuxio?

Categoría: Noticias
Etiquetas: