FICCION PRODUCCIONES ESTREA «CORALIA E MARUXA, AS IRMÁS FANDIÑO»

11 / 04 / 2008

“Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño” é un axuste de contas coa historia dirixido por X.H.Rivadulla Corcón e producido por FICCION PRODUCCIONES. Estréase hoxe venres 11 de abril ás 20:30 no teatro Principal de Santiago de Compostela.
Na entrada da Alameda de Santiago de Compostela están, feitas estatua, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño, máis coñecidas como “as Marías”. Porén a realidade destas dúas mulleres non é de todo coñecida: moitos pensan que eran unhas simples tolas, fóra da realidade. E trala súa existencia onírica había un drama real e auténtico que tiña que ver coa realidade que xerou, primeiro a guerra civil e a continuación a posguerra.

“Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño” quere facerse eco dese drama, para o que conta coa participación de relevantes facianas da vida pública compostelana. FICCIÓN PRODUCCIONES, coa colaboración da TVG, segue a dar mostras do seu vivo compromiso co país e coa recuperación da memoria histórica, neste caso na persoa de dúas emblemáticas mulleres ‘de a pé’.

O acto será presentado polo productor do documental Julio Casal, o director e guionista X.H.Rivadulla Corcón, o conductor Farruco e mailo alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo

Categoría: Noticias
Etiquetas: