A FEDERACIÓN DE CINECLUBES DE GALICIA PRESENTA OS ENCONTROS DE CINEMA DE VIANA DO CASTELO

11 / 05 / 2012

A Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA), presentará este sábado 12 de maio, dentro dos Encontros de cinema de Viana do Castelo (Portugal),  a rede alternativa, constiuída principalmente con produccións galegas, para a súa difusión polos cineclubes de Portugal, Cataluña e Galicia.

O acordo de creación da citada rede, tomouse en novembro pasado, no marco dos encontros de cineclubes, celebrados en Ourense, e componse de  4 documentais e un mediometraxe (ver detalle, no anexo), enviadas polas productoras, para integrar o catálogo aportado pola Federación de Cineclubes de Galicia, de Portugal e Cataluña.

A existencia desta rede supón, o acceso a máis de 120 pantallas que compoñen a rede, e unha vía de acceso alternativo á difusión cinematográfica, copado maioritariamente polas multinacionais americanas que impoñen o seu propio catálogo de exhibición.

Ademáis, no Encontro de Viana do Castelo, se outorgará o premio PrimeirOlhar,  co obxectivo de promover o documental, e destinado aos alumnos das escolas de cinema e audiovisuais de Galicia e Portugal, dotado con mil euros por ambas federacións de cineclubes.

Este ano, celébrase a 8º edición, que xunta a representantes do cineclube Lumiêre de Vigo, Pontevedra, Os Chaos de Amoeiro e o Cineclube Padre Feijoo de Ourense. Ademáis dentro do apartado Olhares frontais, se mostraran traballos das escola AFTRS  de Australia, e unha selección das mellores curtas europeas da European Film Academy (EFA).

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: