Os alumnos do IES Imaxe e Son presentan o vindeiro xoves 13 de marzo a produción teatral “ Expráiate”, dentro da actividade anual do Teatreis. Teatreis é unha práctica que pretende amosar á xente o traballo realizado durante un curso sobre artes escénicas, e que reune a alumnos dos 4 Ciclos Superiores que se imparten na escola: realización, produción, imaxe e son.
A obra consta de oito pezas breves que abordan o tema común da praia dende diferentes perspectivas. Representarase no Salón de Actos da EIS ás 19:30 horas. A entrada é de balde.
«EXPRÁIATE», NA ESCOLA DE IMAXE E SON DA CORUÑA
Categoría: Noticias
Etiquetas: