O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá xoves día 19 de setembro (20.30 horas), dentro do ciclo celebrado con motivo do Festival especializado Freakemacine, A ritmo de Jess (2013) de Naxo Fiol, un videodiario tributo ao falecido Jesús Franco (1930-2013). A sesión, con carácter de estrea, será presentada polo seu autor, Naxo Fiol. A entrada é de balde. A RITMO DE JESS
(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Naxo Fiol. Produción: Ferrán Herranz para Pellicules et essai e Subfilms. Duración: 86 minutos.
Estrea absoluta dun retrato único, o que facilita como coartada a última rodaxe do falecido Jesús Franco (1930-2013), a segunda parte de Al Pereira vs. Alligator Ladies. Videodiario cámara en man a modo de testemuña e tributo a unha figura irrepetible.