O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, en colaboración con adnstream.tv e a Universidade de Santiago de Compostela, convocará por segundo ano consecutivo o concurso Amal Express, que propón a creación dunha curtametraxe contrareloxo.
O sábado 23 de octubre ás 12:00 p.m. se fará pública, na web do festival www.festivalamal.es, a palabra sobre a que terán que versar as curtas participantes. A partir dese momento quedarán tan só noventa e seis horas, ata as 12:00 p.m. do 27 de Outubro, para escribir, gravar, editar e subir a curtametraxe á web.
Amal Express busca unha resposta rápida e creativa, prantexando un reto aos creadores: a realización dunha curtametraxe, dunha duración máxima de 5 minutos, nun tempo Express. Esta sección quere ser unha fiestra ao mundo para os artistas creativos e innovadores que promoven a cultura dixital a través do cine.
O concurso supón unha aposta pola comunicación online e os novos soportes de exhibición. A información e as bases para participar poderán ser consultadas na web www.festivalmal.es.
Os votos dos internautas decidirán cales son os traballos finalistas. O gañador recibirá un premio de 500 euros e será anunciado na Gala de Clausura do Festival. En 2009 o galardón foi para La báscula, unha curtametraxe hispano-turca realizado polos xornalistas Daniel Iriarte, Francisco Martínez e Andrés Mourenza. A palabra clave desta primeira edición foi “esperanza”.