ESTA TARDE, NE LE DIS À PERSONNE NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

27 / 11 / 2013

Ne le dis à personne (Non llo digas a ninguén), o filme de Guillaume Canet, proxectarase esta tarde de 27 de novembro nas sesións das 18, 20.30 e 23h no Salón de Actos da Biblioteca Nodal de Ourense organizado polo Cineclube Padre Feijoo.

Título orixinal: Ne le dis à personne
Dir. Guillaume Canet | Francia, 2006 | 125′
2006 Premios César: Mellor Director, Mellor Actor, Mellor Música e Mellor Montaxe

Sinopse | Margot, a muller de Alex, foi brutalmente asasinada por un psicópata. Incapaz de recuperarse da perda, o seu marido non deixa de recordala nin por un momento. Oito anos despois, recibe un email no que aparece unha imaxe: a cara de Margot na multitude en tempo real.

Categoría: Noticias
Etiquetas: