ESTA NOITE EN LA 2 “LA REVOLUCIÓN DE LA TERNURA”, LINATAKALAM

2 / 06 / 2010

La 2 de TVE volve apostar pola emisión da coprodución internacional Linatakalam, producida por IBISAtv baixo a dirección de Valentín Carrera e patrocinada pola Alianza de Civilizaciones. Linatakalam foi reemitida este verán por La 2 de TVE e está a disposición en sete idiomas: castelán, galego, valenciano, francés, inglés, italiano e árabe, constituíndo un estandarte da multuculturalidade.

Hoxe mércores, ás 23:35 horas, La 2 emite o terceir capítulo: “La revolución de la ternura”, que aborda o papel da muller na sociedade actual, o seu crecente protagonismo, imparable, e a súa participación na vida social e colectiva nos pobos da terra.

 

Analizaráse o papel das relixións, construidas, pensadas e dirixidas por homes, na vida e as posibilidades da muller e como o novo papel, que a muller asume, levará tamén inevitablemente á reflexión e revisión de todos os credos.

Conversarase  sobre as distintas situacións, modos e procesos da revolución da muller así como sobre os valores primordialmente femeninos que esta revolución aportará as sociedades modernas no exercicio da política, e no desenvolvemento da economía e na propia evolución do pensamento.

Linatakalam, falemos en árabe, foi realizada en 2006 por IBISAtv, coa participación de TVG, TVE e produtoras de Marrocos e Italia, e rodouse en alta definición en Exipto, España, Marrocos, Túnez, Turquía e Italia. A serie consta de seis capítulos dedicados ao encontro de civilizacións, á revolución silenciosa da muller, a agua como o ouro do futuro, á globalización da inmigración, á convivencia entre relixións e a educación intercultural das novas xeracións, como única garantía dun futuro común en paz.

O pasado ano a UNESCO incorporou á súa plataforma audiovisual a serie, valorando o compromiso de Linatakalam e a súa contribución á promoción do diálogo entre culturas, o intercambio de tradicións e os dereitos da muller. Na Plataforma a serie comparte espazo con producións de máis de oitenta países, alcanzando un merecido posicionamento internacional.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: