A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual aprobou conceder este ano o Premio de Honra Fernando Rey ao actor Ernesto Chao, en recoñecemento á súa traxectoria profesional no eido da televisión e o cine, ademais do teatro.
Ernesto Chao, que encarnou durante anos o popular personaxe de Miro Pereira na serie da TVG “Pratos combinados”, comezou a súa carreira profesional en 1969 no teatro, xénero que nunca deixou e que a partir de 2001 cultiva dende a súa propia compañía teatral, «Lagarta, lagarta S.L.», chegando a ser director do Centro Dramático Galego durante as tempadas 1986 e 1987.
Dende 1985 e sen abandonar a práctica teatral adentrouse á vez no ámbito audiovisual, realizando diversos papeis interpretativos en máis dunha ducia de filmes así como nunha vintena de series e outros formatos para televisión. Os seus primeiros traballos nesta nova dimensión interpretativa foron, nese mesmo ano, o filme “La hora bruja” de Jaime de Armiñán e o programa de TVE “La buena música”. Esta experiencia e interese pola industria audiovisual galega, da que nunca volvería a separarse, levoulle a ser o primeiro Presidente da Academia Galega do Audiovisual, entidade que agora quere recoñecer de modo moi expreso a súa valía profesional e a súa contribución á creatividade e desenvolvemento do sector.
Ao longo do seu camiño profesional ten sido merecedor de diversos premios. En 1991 resultou finalista aos Premios Compostela de teatro á mellor interpretación masculina protagonista por “Rei Lear” e, un ano máis tarde, gañará dito galardón pola súa actuación na obra “Galileo Galilei”. En 2002 recibe o Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ao mellor actor protagonista polo papel de Ramón Sampedro no TV movie “Condenado a vivir”, de Roberto Bodegas. Ese mesmo ano obtén o premio de honra Abrente na XVIII Mostra Internacional de Teatro de Rivadavia e, dous anos despois, o premio “Imagen e sonido” ao mellor actor do audiovisual galego. En 2006, o seu afamado papel de Miro Pereira na serie “Pratos Combinados” lévao a ser finalista aos Premios Mestre Mateo.
Este ano, o polifacético Ernesto Chao subirá ao estrado dos galardóns da Academia cargado do mérito indiscutible do conxunto do seu traballo frutífero e cheo de vitalidade.
Filmografía de Ernesto Chao
“La hora bruja”, de Jaime de Armiñan (1985)
“Esperanza”, de Chano Piñeiro (1986)
“Divinas palabras”, de J.L. Garcia Sanchez (1987)
“Xelmírez”, de Rafael de la Cueva (1989)
“Urxa”, de Carlos Piñeiro (1989)
“El juego de los mensajes invisibles”, de Juan Pinzás (1991)
“Huidos”, de Sancho Gracia (1992)
“A metade da vida”, de Raúl Veiga (1994)
“La ley de la frontera”, de Adolfo Aristarain (1997)
“A noiva de medianoite”, de Antonio Simón (1997)
“Días de voda”, de Juan Pinzás (2002)
“l3 badaladas”, de Xabier Villaverde (2002)
“El regalo de Sílvia”, de Dionisio Pérez (2003)
“Os mortos van a presa” de Ángel de la Cruz (2008)
Participación en programas y series de Televisión
“La buena música”. TVE (1985)
“O mellor”. TVG (1987)
“Super amigos”. TVG (1988)
“La memoria fértil”. TVE (1988)
“Imos aló”. TVG. Serie de 50 capítulos (1988)
“Velaí”. TVG. Serie. Intervención en 3 capítulos (1989)
“Os outros feirantes”. TVG. Serie. Capítulo “Tristán García” (1989)
Capítulo “Padín de Carracedo (1990)
“Entorno – Ausencias y retornos”. TVE (1990)
“Televisión Pirata”. TVG (1992)
“Os xustos”. (Teatro) TVG (1992)
“Un soño de verán”. (Teatro) TVG (1992)
“El joven Picasso”. Serie. FORTA-TVG (1992)
“El oro y el barro”. Serie. Antena 3 (1992)
“Compuesta y sin novio”. Serie. Antena 3 (1994)
“El comisario”. Serie. Tele 5 (2004)
“Cuéntame cómo pasó”. Serie. TVE. Actor invitado en 3 capítulos (2004)
“Aquí no hay quien viva”. Serie. Antena 3. Actor invitado en 2 capítulos (2005)
“Pratos combinados”. Serie. TVG (Dende 1995 a 2006)
“Pepe o inglés”. TVG. Actor invitado en 2 capítulos (2006)
“Efectos secundarios”. Serie.TVG. Actor fixo (2007)
TV Movies
“Condenado a vivir”, de Roberto Bodegas (2001). No papel de Ramón Sampedro.