ENTREGADOS OS PREMIOS DO VIII CERTAME DE VÍDEO SECUENCIACERO DE VIGO

22 / 11 / 2011

O sábado, 19 de novembro, concluíu no Museo Verbum de Vigo, o VIII Certame de Vídeo SecuenciaCero, que se viña celebrando en dito recinto dende o día 17 organizado pola asociación cultural que lle da nome. Gañaron La huída, La gran carrera e Odeón. El tiempo suspendido. Competiron no VIII Certame de Vídeo SecuenciaCero 19 traballos, repartidos en tres seccións. Un xurado formado polos directores Gerard Freixes, Chema García Ibarra e David Muñoz, que gañaron o concurso o pasado ano, foi o encargado de elixir aos gañadores. En ficción,  decantouse por La huída, de Víctor Carrey; en videocreación, por La gran carrera, de Kote Camacho; e en documental, por Odeón. El tiempo suspendido, de Jo Graell. Este último traballo tamén foi o gañador do premio do público.

Os galardóns de SecuenciaCero, denominados Trofeos Castaña, son obras de arte. Nesta ocasión, tratouse de cadros orixinais do pintor Cecilio Chaves, residente en Tomiño. Pola súa parte, o premio do público consistiu nun lote de libros obsequiados polo Museo Verbum. En paralelo ás proxeccións, púidose desfrutar durante o certame da videoinstalación Monsketch, de Pablo Silva. Así mesmo, na entrega de premios do certame vigués houbo un concerto a cargo do Colectivo Oruga.

Categoría: Noticias
Etiquetas: