ENTREGADOS OS PREMIOS DO PRIMEIRO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CORTOMETRAXES CURTOPÍA DE VIGO

2 / 12 / 2010

As mellores curtas presentadas na primeira edición do Festival Internacional de curtametraxes Curtopía de Vigo foron galardonadas onte. «As 5 mortes», «Illa Pedra», «5 recordos», «Protopartículas», «Amizade», «Yanindara», Lelo e as estacións», «The relevation» e «Laszlo» foron as obras audiovisuais premiadas neste evento cinematográfico.

Curtopía é un espazo imaxinado no que os novos creadores do eido audiovisual podan amosar e desenrolar o seu talento. Durante o mes de Novembro, Vigo transformarase nunha pequena illa dos soños e as realidades filmadas.Videoclips, curtametraxes, documentais, experimentación… imaxe e son mesturados nun novo festival emerxendo no Atlántico. Achégate a Curtopía!

As 5 mortes de Ibrahim Gonsalez- Pablo Aragüés (Bloque I)
Tras un accidente doméstico, Ibrahim Gonsález pasa un minuto clinicamente morto.Con todo, será o mellor minuto da súa vida!

Illa pedra-  Adriana Páramo (Bloque I)
Antia vaise de Santiago, e Iria, a súa mellor amiga non comprende esta decisión, pero non é capaz de decirllo á cara, e déixalle un libro de poemas que falan dás dúas. Cando Antía volta anos despois, Iria segue sen entender por que se foi e Antía non sabe moi ben por que volta. As dúas rifan, porque non se comprenden, pero Antía faille ver a Iria que a súa vida non é o mesmo sen ela e Iria faille entender a Antia que a morriña foi ou que a levou de volta a casa.

5 recordos- Alejandra Márquez e Oriana Alcaine (Bloque I)
Irma percorre os corredores dun mercado repetindo unha lista de ingredientes para si mesma. Lembra o primeiros catro, pero o quinto escápaselle unha e outra vez. Irma terá que emprender unha viaxe todo o máis profunda da súa memoria para recuperar ese recordo perdido.

Protopartículas- Chema García (Bloque II)
O experimento foi case un éxito: a protomateria existe.

Amizade- Alejandro Marzoa (Bloque I)
Cando os amigos saen de copas, os problemas desaparecen…Por momentos.

Yanindara- Lluis Quílez (Bloque II)
Un poboado xitano. Inmigrantes romaneses que acamparon as súas caravanas e tendas nos arredores dunha cidade calquera. Cheira a suor, animais e po. Un coche chega. Da súa interior baixa un estraño. Vai en busca dun milagre. Vai en busca de Yanindara…

Lelo e as estacións- Xana Morais (Bloque II)
O burriño Lelo, farto do frío inverno, soña coa *chegada da primavera. A súa voz interior (cantada) fala de campos e frores. Cando a primavera chega, terá que traballar arreo, así que comezará a soñar co verán. Tamén nesta estación terá que traballar, así como no outono. Así é como se decata do ben que estaba no inverno, aprendendo a gozar de cada uns dous momentos da vida.

The revelation- Vincent Diderot (Bloque II)
Nun cinema, unha película proxéctase, cun comandante do espazo que mostra o encontro da Terra cun pobo doutro mundo…

Laszlo – Ehécatl Garage (Bloque II)
Esta é a historia dunha muller que non entende por que o seu esposo non quere quitarse un disfrace de Oso. Isto non foi un accidente, é quizá só unha historia de amor.

Categoría: Noticias
Etiquetas: