ENTREGA DE PREMIOS DO OUFF ESCOLA 2012

6 / 11 / 2012

A IV edición do Certame OUFF Escola celebra hoxe o seu día grande coa cerimonia de entrega de premios aos gañadores do certame. Ao acto, presentado polas actrices Uxía Morán e Ledicia Álvarez e presidido polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, asistiron preto de 400 alumnos de 12 colexios de Galicia e de Portugal. A representación institucional completouse coa presenza de Ana Garrido e Marga Martín, edís de Educación e Saúde e Benestar Social no Concello de Ourense respectivamente, e coa representación da Xunta de Galicia, a cargo do delegado territorial Rogelio Martínez e da xefa territorial dos Equipos de Normalización Lingüística, Mercedes Gallego. Nesta edición, o número de participantes ascendeu a 57 equipos de traballo formados por un total de 1.090 alumnos, 11 de educación infantil e Primaria e 46 de ensino secundario e non universitario. Agás 1, de León (no Bierzo se imparte a materia de galego) e 2 de Portugal, os 54 restantes traballos proceden de Galicia. O reparto por provincias queda como segue: 22 de A Coruña, 16 de Pontevedra, 12 de Lugo e 6 de Ourense. Se en anos anteriores había que destacar a participación de colexios coma o de Pubai, na India, nesta edición hai que sinalar que tres colexios de educación infantil de distintas provincias (Pontevedra, A Coruña e Lugo) presentaron un traballo conxunto titulado Manolo, o morcego curioso, con 124 estudantes, e un traballo en clave musical no que participaron 300 alumnos, Eu falarei, del IES Chapela de Vigo.


O palmarés ficou como segue:

 

CATEGORÍA INFANTIL OU PRIMARIA

Primeiro premio. Maxín, do CEIP Mestre Valverde de Mayo

Segundo premio. A tartaruga que quería durmir, do CRA A Lagoa.

Premio Blanco Amor ao mellor guión. A lenda da creación do Miño, do CPR Sek – Atlántico.

Premio Ponte nas Ondas. A minha avó… contame-me uma hisória, do Colexio Externato Paulo VI (Portugal)

Premio do Público. A minha avó… contame-me uma hisória, do Colexio Externato Paulo VI (Portugal)

 

CATEGORÍA SECUNDARIA E OUTROS NIVEIS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

Primeiro premio. Eu Falei, do IES Chapela.

Segundo Premio. Pedigree, do IES Manuel García Barros.

Premio Blanco Amor ao mellor guión. Luz, do Colexio María Asumpta.

Mención Especial do Xurado. Unha cuestión de educación, do CPI Virxe da Saleta.

Premio do Público. Luz, do Colexio María Asumpta.

 

O xurado do IV OUFF Escola estivo composto por César Silva, Programador do Festival de Cine Internacional de Ourense; Manoli Maseda, Coord, de Equipas Provinciais de Normalización e Dinamización Lingüística; Paulino Peña, Mestre de educación primaria e escritor; Severiano Casalderrey, Profesor de secundaria e director do Festival Anirmau; e Santiago Veloso, Presidente da Asociación Ponte nas Ondas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: