Encontros Mestre Mateo 09

25 / 03 / 2010

Por segundo ano consecutivo, as xornadas de reflexión e debate entre profesionais e académicos que a AGA comezou no 2007 celébranse na semana previa á gala da entrega dos premios. Os Encontros Mestre Mateo celébranse os días 6, 7 e 8 de abril, onde os nominados nas categorías de Mellor Dirección de Produción, Mellor Guión, Mellor Realización e Mellor Curtametraxe de Ficción participarán en varias mesas deseñadas cun formato altamente participativo. En coordinación cos xefes de estudos dos centros, a AGA fixo un traballo previo de documentación e entrega de materiais de traballo empregados polos autores das obras  (escaletas, guións, etc) e tivo en conta principalmente os intereses dos alumnos, co obxectivo de os orientar nas súas dúbidas e inquedanzas.

Etiquetas: