EDITORIAL GALAXIA, NOVO ASOCIADO DE AGAPI

31 / 03 / 2010

Editorial Galaxia incorporouse a AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). A compañía Editorial Galaxia conta con sesenta anos de experiencia no eido da edición e agora amplía a súa actividade ao audiovisual coa incorporación a AGAPI.

Editorial Galaxia defendeu ao longo destes sesenta anos un compromiso coa cultura galega, demostrado polo feito de que a compañía inviste todos os beneficios en novos proxectos. A empresa creou a área de negocio Galaxia Producións para desenvolver proxectos audiovisuais.

A súa actividade iniciouse coa realización dos títulos pedagóxicos «Como se fai un libro» e «A ilustración na literatura infantil en galego» para sendas exposicións. Tamén realizaron a curtametraxe «O muíño abandonado» e o documental «Llanos», e contan no seu catálogo co proxecto de longametraxe «A mirada de Castelao».

AGAPI, como asociación de importante traxectoria no sector audiovisual galego e estatal, representa a máis de trinta empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: