O festival EISVMusic na súa sétima edición, é un referente anual nos concursos para grupos musicais que comezan o seu andadura.Grazas á colaboración de Esteban Ferrer o concurso galego EISV music apoiará ao proxecto Crece de Alcer (Federación nacional para a loita contra a enfermidades do ril).
Esteban Ferrer, é un mozo adolescente que gozou de neno durante varios anos das vacacións de verán organizadas pola Federación Nacional Alcer, coñecidas como Proxecto Crece.Hoxe, grazas á súa xenerosidade, poderemos investir a recadación que consiga nun concurso de música que se celebra desde fai 7 anos en Galicia, neste proxecto que está dirixido a nenos con enfermidade renal crónica.
Máis de 50 grupos a nivel nacional inscribíronse nesta edición, habendo sido seleccionados 6 que acceden a unha segunda fase con actuación no plató da Escola de Imaxe e Son de Vigo.
As semifinais retransmítense en directo (na canle de youtube da eisv) e na páxina do certame http://eisvmusic.eisv.es Posteriormente celebrarase a gala final o día 1 de marzo.
Neste proxecto participan máis de 50 alumnos dos distintos ciclos da Escola de Imaxe e Son de Vigo. Estariamos encantados de contar coa vosa presenza o día 22 de xaneiro en horario de 16.00 a 20.00.