O documental, estreado en 2009, relata a historia dunha familia dividida pola súa ideoloxía e rota por un crime político. Setenta anos despois un importante descubrimento cambiará as vidas dos protagonistas para sempre.
“O segredo da Frouxeira” acadou unha selección oficial no festival mexicano “Contra el silencio todas las voces” na categoría de dereitos humanos, foi seleccionado tamén no Festival de Cine de Ourense e nomeado aos premios Mestre Mateo na categoría de Documental.
O documental galego “O segredo da Frouxeira” proxectarase en Alemaña do 6 ao 8 de maio.
O director dos filmes, Xosé Abad, viaxará a Alemaña invitado polas universidades de Chemnitz e Leipzig para presentar a película. No encontro cos alumnos presentará tamén o trailer da nova produción “A pegada dos avós”.
O día 7 de maio terá lugar a estrea na cidade de Chemnitz na sala de cine Weltcho. E o día 8 na sala Babylon de Berlín, no contexto da Semana galega que organiza o Instituto Cervantes.