O Festival de Cine Amal organizará este mércores, 24 de agosto a súa última mostra de cine ao aire libre dentro da programación do Festival dos Abrazos 2011. Despois do éxito de público dos dous mércores anteriores, a Ruela de Xerusalén convertirase una vez máis, e por última noite, nunha sala de cine ao aire libre.
É a terceira noite de cinema Euroárabe e, coma nas dúas ocasións anteriores, a proxeción terá lugar na Ruela de Jerusalén a partir das 22.00 horas. Desta forma, a organización de Amal acondicionará o lugar cunhas cadeiras que se ubicarán frente a parede onde se proxectará o último filme da “Mostra Amal”.
O broche a estas tres xornadas de proxecións virá posto polo documental “Camino a Nahr Al Bared”, Premio a Mellor longametraxe documental Amal 2010.
– Camino a Nahr Al Bared. Sebastián Talavera. España, 2009.
A película narra a vida de cinco dos habitantes dun campo de refuxiados palestinos. É un documental elaborado a través das testemuñas dun pequeno grupo de persoas de idades comprendidas entre os 9 e os 62 anos. As verbas de Yaser, Izar, Ali, Raed e Mustafá, serven nesta cinta para reflictir o día a día de 35.000 persoas.