DO 23 AO 30 DE MAIO, VII EDICIÓN DO FESTIVAL ‘CORTOCIRCUÍTO’

25 / 05 / 2010

Entre o 23 e o 30 de maio celébrase en Santiago de Compostela a VII edición do Festival Internacional de Curtametraxes Cortocircuíto. Durante estes 7 días, a cidade acollerá a proxección de máis dun centear de curtametraxes divididas nas categorías de ‘Internacional’, ‘España’, ‘Galicia’ e ‘Explora’.

Ademáis, Curtocircuíto organizará diversas actividades paralelas, como obradoiros para profesionais do sector, programas de curtametraxes destinados ao público infantil e xuvenil, concertos e veladas nocturnas. Entre as curtas seleccionadas inclúese o gañador na última edición dos Oscar L­ogorama, ou o tamén nominado aos Oscar e gañador do Goya La Dama y la Muerte.

Durante estas sete edicións o Festival Curtocircuíto consolidouse como unha das iniciativas culturais máis interesantes e innovadoras da ciudade, permitindo disfrutar de estas pequenas xoias cinematográficas.

As proxeccións do Festival desenvolveranse na Aula Sociocultural de Caixa Galicia e no Teatro Principal. Ademáis tamén haberá a sección de Cortos na Rúa que realizará proxeccións nas principais plazas do Casco Histórico.

Toda a información do festival na web oficial www.curtocircuito.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: