“DISECCIONANDO O CINE DE TERROR”, DESTA VOLTA CON JAVIER G. TRIGALES

8 / 05 / 2013

Dentro do ciclo de conferencias baixo o título “Voces na néboa: diseccionando o cine de terror”, mañá xoves día 9 de maio ás 20.00h estará presente Raúl Cerezo. Entrada de balde ata completar aforo.

Raúl Cerezo

Prestixioso director de curtametraxes, escritor cinematográfico e afamado blogger, Raúl Cerezo é unha das persoas que máis fixo polo mundo da curtametraxe neste país. Súas son propostas como as de Córtate ou a flamante e ambiciosa Cortópolis, escaparate inmellorable para o mundo da curta. A súa última obra, 8, unha curtametraxe de terror, foi premiada en decenas de Festivais ao longo do mundo e foi preseleccionada para os Oscar de Hollywood. Debateremos sobre o éxito do xénero de terror no formato curta e analizaremos a construción do guión dunha curtametraxe de terror. Durante a charla proxectarase a súa curtametraxe 8 e diverso material audiovisual para a súa análise…

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: