DEFINICIÓN DUNHA PRODUCIÓN GALEGA É O TEMA QUE ABRANGUE O III FORO ACADEMIA ABERTA

23 / 11 / 2005

Será os vindeiros días 15, 16 e 17 de decembro cando se celebre o III Foro Academia Aberta 2005, en Santiago de Compostela, e que desta volta xirará sobre a Definición dunha produción galega. O Foro arrincará coa celebración de dous Talleres, un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Taller sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.
DEFINICIÓN DUNHA PRODUCIÓN GALEGA É O TEMA QUE ABRANGUE O III FORO ACADEMIA ABERTA 2005

A Academia Galega do Audiovisual organiza este encontro do 15 ó 17 de decembro

A.G.A. mércores 23 novembro 2005.- Será os vindeiros días 15, 16 e 17 de decembro cando se celebre o III Foro Academia Aberta 2005, en Santiago de Compostela, e que desta volta xirará sobre a Definición dunha produción galega. O Foro arrincará coa celebración de dous Talleres, un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Taller sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.

As xornadas dos días 16 e 17 de decembro, destiñaranse a debater un tema que atinxe directamente a calquera das profesións que integran o sector: a necesidade de establecer uns baremos que determiñen se unha produción é ou non galega, atendendo tamén ós baremos que seguen outras comunidades e países para determiñar a identidade do produto.

Directores, guionistas, actores, produtores, técnicos e representantes da Administración Pública e máis de TVG –que colabora na organización do Foro-, serán os encargados de conducir as mesas de debate neste III Foro Academia Aberta 2005, que se clausurará no mediodía do sábado 17 de decembro.

Como en anteriores edicións, será na víspera da clausura, é dicir, o 16, cando nunha Cea-Gala, a Academia Galega do Audiovisual entregue a Medalla de Ouro a un persoaxe do sector audiovisual, no contexto da cea á que acudirán tódolos asistentes ó Foro e os directivos da A.G.A.

Categoría: Noticias
Etiquetas: