PPdG, BNG e PSdG presentan as súas propostas de cara ao 18-F

12 / 02 / 2024

A Coruña, 12 de febreiro de 2024 | O pasado venres 9 de febreiro, a Academia Galega do Audiovisual organizou un debate entre os partidos con representación no Parlamento galego, co gallo das eleccións autonómicas que se celebrarán o 18 de febreiro. O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela foi o lugar escollido para acoller o debate, no que participaron Carmen Pomar (PPdG), Mercedes Queixas (BNG) e Julio Abalde (PSdG).

Estivo estruturado en tres bloques temáticos: cuestións xenéricas sobre política audiovisual; a Corporación Radiotelevisión de Galicia e Xunta de Galicia / AGADIC. A continuación abriuse un turno de preguntas para o público asistente. O acto rematou cun minuto de ouro no que Julio Abalde, Mercedes Queixas e Carmen Pomar condensaron as súas propostas de cara á convocatoria electoral.

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, pronunció unhas palabras para dar a benvida aos asistentes, nas que lembrou que a asociación “ten entre os seus obxectivos estatutarios a promoción e defensa do audiovisual galego e tamén a análise dos problemas profesionais comúns, ao ser a entidade máis representativa das e os profesionais do sector en Galicia, con case cincocentas socias e socios”. Tamén definiou á Academia “como unha institución aberta e diversa, respectuosa con todas as opinións e ideoloxías, e neste último sentido, absolutamente neutral”.

O debate foi moderado por Uxía Caride, xerente de AGAPI e docente da USC.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: