DE LARPEIROS FOI VISTO POR CASE 300.000 ESPECTADORES

12 / 12 / 2008

A noite do mércores , o 28 % dos galegos que estaban diante da televisión escolleron o programa Larpeiros. Case 300.000 expectadores seguiron o programa da TVG, un formato creado por Xosé Cermeño no que a cociña e o humor se mesturan dun xeito orixinal.
O programa Larpeiros consigue, deste xeito, superar o seu anterior record de espectadores e facer líder da noite á TVG.

Para o seu produtor executivo, Luis Collazo “o programa conseguiu reinterpretar as clásicas fórmulas dos espazos televisivos adicados a gastronomía. Coa escusa dunha reunión entre amigos, os Larpeiros deciden en cada capítulo que prato queren cociñar, e repártense as tarefas previas a compartir o prato escollido”. En cada capítulo o grupo de comensais larpeiros demostran que están dispostos a pasar un tempo feliz comprando, falando dos alimentos de calidade, cociñando e compartindo mesa e mantel, e de paso, aprender algo máis sobre os produtos que van preparar.

No útimo episodio o cociñeiro Benigno Campos propuso aos larpeiros cociñar un polbo da rías galegas sen empregar auga para a cocción, cun resultado tan sorprendente como apetecible.

O condutor do programa, Tomás Alonso anunciou que “con este capítulo adicado ao polbo remata a reposición da primeira etapa de Larpeiros. Para o próximo mércores día 17 de decembro está prevista a estrea de novos episodios nas que os protagonistas de Larpeiros seguirán buscando os mellores produtos de toda Galicia e mesmo de Portugal. “

Categoría: Noticias
Etiquetas: