A Academia Galega do Audiovisual proxectará o vindeiro luns ás 19.00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21-24), as curtas nominadas nos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 6 de febreiro en Barcelona. Así, poderemos gozar coas seguintes obras: Ahora no puedo, de Roser Aguilar; El barco pirata, de Fernando Trullols; Odysseus´Gambit (El sacrifici de l´Ulisses), de Álex Lora; e El somriure Amagat, de Ventura Durall.