CURSOS DE ARTERIA NOROESTE NOS MESES DE ABRIL E MAIO

14 / 04 / 2009

ARTeria Noroeste organiza tres cursos neste mes de abril e maio, para os que aínda quedan prazas libres. O máis inmediato e o “Vídeo Book” para Actores, impartido por David Ávila, de 20 horas de duración e que comeza o luns día 20.  

INICIATIVAS ARTENET (www.artenetcata.es

‘Vídeo book’ para actores     

Realización dun vídeo book con vídeos, fotos, música, animacións e menú de presentación.Data: 20 ao 24 de abril [20 horas]. Horario: 16:00-20:00. Profesor: David Ávila  

Avid

Conceptos de traballo da edición non lineal para a súa aplicación nas ferramentas de montaxe do mercado profesional.Data: 27 abril ó 27 de maio [luns e mércores; 30 horas]. Horario: 16:00-20:00. Profesor: David Pardo 

Obradoiro de música para imaxe

Explicaranse as técnicas máis comúns e prácticas ó compoñer para unha imaxe, baseándonos no traballo artesán e nas ferramentas tecnolóxicas modernas.Data: 28 abril ó 19 de maio. [martes, xoves e  venres; 40 horas]. Horario: 16:00-20:00. Profesor: Julio Andrade. 

Información e inscricións:  

ARTeria Noroeste. Parque Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A. 15705 Santiago de Compostela

Tfno: 981.569183. E-Mail: gnieves@sgae.es

Categoría: Noticias
Etiquetas: