O Festival Internacional de Cine de Ponferrada que terá lugar do 21 ao 28 de setembro do 2013, está especializado na promoción e difusión de obras cinematográficas e audiovisuais de contido comprometido, social, educativo e alternativo ao cine comercial.
A Asociación «A miña Retina engáname» é a entidade organizadora deste evento que ten ao Concello de Ponferrada como principal patrocinador.
O Festival presenta como principal novidade desta edición o seu carácter internacional, aberto á participación de traballos audiovisuais de calquera país ou nacionalidade. Ademais, a inscrición de películas a concurso realizarase a través de «Uptofest», unha plataforma online de envío e inscrición de películas a Festivais onde os productores e distribuidores poden inscribir as súas películas e a súa información correspondente (ficha, fotos, biografía, filmografía…) en Festivais de todo o mundo. Constitúese nun sistema máis seguro e cómodo que substitúe ao envío tradicional de correos ordinarios.
– Seccións oficiais a concurso (Curtametraxes)
1) Ficción. Cine de ficción comprometido coa realidade social
2) Discapacidade. Cine e discapacidade
3) Arq. Cine, percepción espacial e concepción arquitectónica
4) Con-ciencia. Cine, medio ambiente e enerxía
5) A Mirada Solidaria. Cine solidario e dereitos humanos
6) Miradas Próximas. Cine e audiovisuais de Castilla e León
O prazo de envío de películas a concurso finaliza antes do 15 de xullo de 2013.
Podedes descargarvos as bases oficiais na páxina web: www.festivalcineponferrada.com ou en www.uptofest.com