CONVOCADO O VIII FESTIVAL DE CURTAMETRAXES REDONDELA EN CURTO 2012

17 / 01 / 2012

Ata o 11 de marzo pódense remitir obras para participar no VIII Festival de Curtametraxes Redondela en Curto, que se celebrará do 26 ao 29 de abril. 


No festival poden participar os realizadores maiores de idade que o desexen, con obras producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010. Os traballos (un máximo por autor), deberán ter entre 4 e 30 minutos de duración e enmarcarse dentrod o xénero de ficción. As curtas deberanse entregar en versión orixinal, e aqueles cuxo idioma non sexa o castelán ou galego, terán que ir subtitulados ao español. A inscrición formalizarase enviando, antes do 11 de marzo, unha copia en DVD da obra, con caixa e carátula, acompañada de tres fotografías da curta e outra do director, unha copia do DNI da persoa representante do traballo e calquera outra información que se considere de interese (dossier de prensa, cartel, ficha, etc).

Entre tódals curtas recibidas, seleccionaranse as que pasarán a concurso e exhibiranse no certame. Outorgaranse un premio do xurado á mellor curta e un premio do público, e exigirase que o director ou un representante das curtas gañadoras asista a recoller o premio, so pena de anulación do mesmo.

Más info na web www.redondelaencurto.com ou no mail festival@redondelaencurto.com

 

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: