Este mércores, día 14 de abril, ás 19.00 horas, a Academia do Cine Catalán mailos Guionistas Asociados de Catalunya organizan unha mesa redonda para analizar as claves do éxito da película «Mientras duermes» galardoada recentemente nos Premis Gaudí. A mesa redonda contará coa presenza de Alberto Marini, guionista da película, o seu director Jaume Balagueró, o presidente da Academia do Cine Catalana, Joan Joel i Juvé e máis a presidenta dos Guionistas Asociados de Catalunya, Sandra Gómez, que intervirá como moderadora. O acto terá lugar na Sala Pompou da SGAE en Barcelona. A novidade reside en que dende a Academia Galega do Audiovisual fomos convidados a asistir e participar nesta mesa redonda a través da videoconferencia, polo que dende aquí convidamosvos a participar neste novidoso acto. Para os que esteades interesados, indicar que poderedes seguir esta mesa redonda dende a aula 5 da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago (o mércores 14, ás 19.00 horas).
O acto é totalmente gratuíto e aberto á tódolos públicos.