Esta fin de semana continúan na localidadde de Vedra (A Coruña) as xornadas de formación e mostra audiovisual “formAcción”, con máis proxeccións, concertos e obradoiros.
O venres día 15 de febreiro, ás 22h00, na «Casa dos Peóns» na parroquia de San Pedro de Vilanova, haberá unha sesión de proxeccións de curtametraxes, cos seguintes títulos:
-Cousas do Kulechov de Susana Rei
-Coming to town, de Carles Torrens
-Conversas con deus, de Lara Bacelo
-Redondeo, de Pablo Iglesias
-Espera, de Manuel Alborés e Jairo Aldana
-Tecnoloxía de palenque, de César Lema
O sábado 16 continúa o obradoiro de Iniciación ás Curtametraxes. Nesta ocasión os alumnos, baixo a supervisión de Alber Ponte, póñense mans á obra ata as 17 horas do domingo 16, cando teñen que entregar á organización as curtas que filmaron e editaron.
Os obradoiros de Guión e Edición de Video, ambos impartidos por Denís López e Javier Rosende respectivamente, comezan tamén o sábado 16 ás 10 da mañá. O obradoiro de Guión impartirase na casa «A Fábrica», na parroquia de Trobe, e o de Edición de Video no Centro de Novas Tecnoloxías de Vedra.
O mesmo día pola noite, a partires das 21 horas, proxectaranse na Escola de Ponte Ulla os títulos seguintes:
-Os Xenerais do Ulla, de Carlos Prado e Iván Pereira.
-Margot da Vara (A biografía), de Roi Ribeira (colectivo Vannevar Queneau).
-Dáme a man, dos alumnos de 1 A de Bacharelato do IES Antón Losada da Estrada.
-Tebras, de Carlos Prado e Iván Pereira.
-Esquencidas, de Luqui Mathews.
-You Look Ridiculous in that make-up, de Juan Junquera e NathanJhon Carter.
Como remate á intensa xornada, a partires das 00 horas, na disco Metro de Sta. Cruz de Ribadulla, haberá unha sesión de música electrónica con DJRobertito e DJunma. Os alumnos do obradoiro de Videocreación amosarán as habilidades adquiridas a semana anterior.
O domingo 17 ás 18h00 na Casa de Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla terá lugar a “estrea” das curtas realizadas polos alumnos do obradoiro de Iniciación ás Curtametraxes impartido por Alber Ponte.