Hoxe, xoves 18 de abril ás 20.00h no Museo Gas Natural Fenosa de A Coruña terá lugar dentro do ciclo de conferencias o coloquio baixo o título “Voces na néboa: diseccionando o cine de terror” con Hilario J. Rodríguez e coordinado por Javier G. Trigales. A entrada é libre ata completar aforo.
O medo é unha das emocións máis primarias e poderosas que existen, e iso o cine sábeo moi ben. A través dunha serie de conferencias con directores, guionistas e escritores moi relacionados co mundo do terror, diseccionaremos os mecanismos que se utilizan para provocar medo no espectador e realizaremos un apaixonante e amplo percorrido pola historia do cine de terror e as súas conexións con outras artes como a literatura ou a música.
Hilario J. Rodríguez
18 de abril de 2013, ás 20.00 horas
Escritor e xornalista especializado en cine, traballou ou traballa para os medios máis prestixiosos do país: El País, La Vanguardia, ABC, Dirigido Por, e colabora na Revista de Occidente. Posuidor dunha inxente obra literaria, escribiu os libros El miedo: trayecto hacia el cinematógrafo, Museo del miedo: las mejores películas de terror e coordinou o volume Las miradas de la noche: cine y vampirismo. Hilario falaranos das raíces do mal, a súa evolución ao longo da Historia e o seu reflexo no cine de terror. Durante a charla proxectarase diverso material audiovisual para a súa análise.