CONTINÚA ABERTO O PRAZO DO CONCURSO DE A TODA MECHA

23 / 06 / 2008

O prazo do concurso A Toda Mecha do III Festival de Curtas Creativas, continúa aberto ata o 15 de xullo. O IV Festival On & Off de Ribadeo celebraráse entre o 30 e 31 de Xullo e o 1 e 2 de Agosto e estanse a recibir unha gran cantidade de solicitudes. Para calquera información sobre as bases o mail de contacto é atodamecha@festivalonoff.com
Mr Misto Films, coa colaboración da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e a través da Axencia Audiovisual Galega, pon en práctica este terceiro proxecto de produción dixital e independedente de Galicia. O obxetivo é a gravación istantánea de curtametraxes. A organización do festival ofrecerá todos os medios necesarios, dende o material técnico ata a intendencia, para a realización dos proxectos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: