Mañá mércores día 10 de decembro ás 10 horas, o Consello da Cultura Galega acollerá a conmemoración do 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O acto inclúe a lectura pública da Declaración por personalidades institucionais e representantes da cultura galega, unha mesa de relatores, e varias actuacións musicais. Na mesa intervirán Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, Manuel Ollé, presidente da Asociación pro Dereitos Humanos (APDH), e Evaristo Nogueira, decano do Colexio de Avogados de Santiago.
Pódese acceder aos contidos do programa en www.consellodacultura.org