O CONCELLO DE SANTIAGO AMPLÍA A AGOSTO O CICLO «OS CLÁSICOS Á RÚA»

5 / 08 / 2011

A Concellería de Centros Socioculturais do Concello de Santiago decidiu prorrogar en agosto o ciclo «Os clásicos á rúa», que se levou a cabo en xullo na praza San Martiño Pinario, debido ao gran éxito de público obtido. O ciclo seguirá desenvolvéndose tódolos mércores deste mes, en sesións gratuítas ás 22:30 horas.

 

Iniciouse o pasado mércores, 3 de agosto, con Con faldas y a lo loco, de Billy Wilder (1959), e continuará con Blade Runner, de Ridley Scott (1982), o 10 de agosto; Cabaret, de Bob Fosse (1972), o 17 de agosto; e Con la muerte en los talones, de Alfred Hitchcock (1959), o 24 de agosto. Este ciclo de clásicos será preludio dun programa máis ambicioso de cine de carácter educativo e multidisciplinar na rede municipal de centros socioculturais de Santiago.

Categoría: Noticias
Etiquetas: