COMEZA O 3 DE MARZO O CICLO DE CINE “MARCEL CARNÉ” NO CGAI

2 / 03 / 2010

O Centro Galego de Artes da Imaxe comeza mañá mércores día 3 de marzo o ciclo dedicado ao cineasta francés Marcel Carné coa proxección do seu título máis célebre, “Les enfants du paradis” (1946) ás oito e media do serán. O CGAI, en colaboración ca Alianza Francesa da Coruña, proxecta durante o mes de marzo unha pequena e selecta escolma dos seus traballos, un total de 6 longametraxes que recollen os seus anos de esplendor.

Primeiro cineasta francés membro da Academia das Belas Artes, activo ata o ano 1976, Marcel Carné (1906-1996) vai formar parte importante dunha listaxe de directores que establecen unha auténtica e produtiva idade de ouro para a cinematografía francesa nos anos 30 e 40 do século pasado. Coñecido pola maxistral Les enfants du paradis (1945), Carné comeza como axudante e pronto establece unha sólida relación co poeta surrealista e guionista Jacques Prévert, un fiel e importante colaborador. Os filmes, impregnados dun realismo de acentuada intensidade poética, que dirixe na etapa da Fronte Popular e na ocupación son indispensables para entender a este autor e a transcendencia do cine realizado entón en Francia.

O xoves, día 4 de marzo, proxectarase “hotel du nord”. O ciclo continuará o martes, 9 de marzo, co filme “Les visiteurs du soir” y el viernes, 12 de marzo, con “El vendedor de felicidad”.A derradeira semana do ciclo proxectaránse “el aire de París” y “Les tricheurs” los días 17 y 25 de marzo respectivamente. Todas a proxeccións faranse ás 20.30, a excepción do día 12 de marzo que se adelantará as seis do serán.

Máis información na páxina web do CGAI

Categoría: Noticias
Etiquetas: