COMEZA A RODAXE DE “PERSONAL MOVIE” A CUARTA PELÍCULA DE HÉCTOR CARRÉ

9 / 02 / 2010

Durante as vindeiras semanas o equipo de rodaxe dará vida á historia que transcurre nas localizacións de Praia de Razo (concello Carballo), a vila de Miño, o Porto deportivo de Sada, a praia de Bastiagueiro (concello de Oleiros), as vilas de Ares e Redes, o Club del Mar San Amaro (A Coruña) e os arredores de Cambre.

A historia trata sobre un xoven, que está de vacacións nun pobo galego e que despois dunha gran festa atopa un brazo humano na sua neveira. Como non lembra nada do acontecido a víspera, vese obrigado a descubrir quen é o asasino, sen denunciar o feito á policía.

No elenco artístico destaca a presenza de coñecidos actores e actrices como Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira, Isabel Blanco, Victor Mosqueira, Deborah Vukusic e Yelena Molina. A produción executiva corre a cargo de Héctor Carré e Antón Reixa.

No equipo técnico destacan o director de fotografía Juan Carlos Gómez (Gordos, El Bola, Azul Oscuro Casi negro, La promesa, Dame Algo), a Música de Manuel Varela (La promesa), a dirección de arte de Alexandra Fernández,o vestiário de Arantxa Domínguez o son con Dani López e a dirección de produción de Xabier Eirís.

A película ven ser, un thriller dramático cargado de suspense, anclado na realidade e cun un desenvolvemento verosímil e sorprendente. Sirvan como referentes as cintas: Michael Clayton, Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto, Una historia de violencia, Crash, Antes de que el diablo se entere.

Personal Movie, supón a continuidade de Sun Lúa na produción de cine; nesta ocasión conta cun service de produción que presta Filmanova, aportando a sua experiencia e máis equipos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: