Este domingo día 27, en Ribadeo, dará comezo a rodaxe da próxima produción de Mr Misto Films, «Pode ser», baixo a dirección de Carlos Seijo. Este proxecto enmárcase dentro do concurso de curtas express A Toda Mecha, no IV Festival On&Off de Ribadeo, que organiza a productora coa colaboración da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega.
A rodaxe rematará o próximo mércores 30 e conta no seu haber cun reparto de excepción, Camila Bossa e Tonhito de Poi. O director, que foi gañador o ano pasado do A Toda Mecha, afirmou que pretende facer unha gran metáfora sobre como o amor pode parar o tempo, coa súa forza destructora.
Mr Misto Films porá, un ano máis, toda a súa forza para que o IV On&Off sexa un éxito de participación. «Pode ser» estrearáse no Teatro de Ribadeo o sábado 2, aínda que a súa estrea oficial será en setembro.