Os días 23, 24 e 25 de novembro de 1989 tivo lugar Cinegalicia, un evento no que se estrearon Continental, Sempre Xonxa e Urxa, tres longametraxes que marcaban un fito no cine galego. Vinte anos despois, a Academia Galega do Audiovisual quere celebrar a efeméride coas achegas dos académicos e outros profesionais que, dun xeito ou doutro, participaron naquel evento.