CINE DE BRASIL NA PRAZA SAN MARCIAL DE OURENSE

11 / 08 / 2014

Hoxe, luns 11 de agosto, na Praza S. Marcial de Ourense, o Cineclube Padre Feijoo recupera o “Cinema na Praza” para proxectar ás 22:30h Cidade Baixa.

CIDADE BAIXA

(2005, Brasil) 100 min., do director Sergio Machado

Deco e Naldinho coñécense dende que eran nenos, mesmo é difícil falar do un sen ter o outro en mente. Gáñanse a vida como transportistas e aplicando pequenos golpes a bordo do Dany Boy, un barco a vapor que compraron xuntos. 

Un día aparece Karinna, unha rapaza que fai striptease e que quere conseguirse a un gringo adiñeirado no carnaval de Salvador, onde o dúo a leva. Despois de descargar en Cachoeira, Deco e Naldinho van a unha pelexa de galos. Naldinho aposta o diñeiro que gañou co transporte da carga pero se mete nunha lea e acaba sendo acoitelado. Deco deféndeo e ataca o agresor pero os dous amigos vense obrigados a fuxir no barco rumbo a Salvador. Mentres Naldinho se recupera, Deco intenta conquerir diñeiro para axudar ao seu amigo. 

Cando chegan a Salvador reencóntranse con Karinna que agora está a traballar nunha discoteca. Pouco a pouco a atracción crece entre eles e ábreselles a posibilidade de levar unha vida de trío.

Premios

2005 Cannes: Premio da Xuventude

Categoría: Noticias
Etiquetas: