A CIEGAS (SOKKOTANSI) PROXÉCTASE O MÉRCORES NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

14 / 11 / 2011

Continúa, este mércores 16 de novembro de 2011, no Cinebox Ourense, o ciclo “Ao nordés”, cunha mirada no cine de Finlandia. Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella, Av. Ribeira Sacra, 50), e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario e parados).

A Ciegas (Sokkotanssi)

Finlandia, 1999. Cor, 90 min.

A acción de “A ciegas” sitúase nunha pequena cidade costeira, nos anos 60. O mozo protagonista, Jontti, quen atravesa algo así como unha crise existencial, se entera de que o seu pai ten outra muller. Mentras, o seu mellor amigo, tamén tentará resolver algúns problemas.

• Premio especial do xurado no Mar del Plata Film Festival de 1999, e seleccionada no European Union Film Festival 2001

Director: Matti Ijäs.

Producción: Dada-Filmi Oy.

Guión: Matti Ijäs. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán.

Interprétes: Martti Suosalo, Walter Gröhn e Mikko Vanhala

O ciclo Ao nordés, organizado polo Cineclube Padre Feijoo, en colaboración co Instituto iberoamericano de Finlandia, e a Federación de cineclubes de Galicia, conta co apoio da Concellaría de cultura do Concello de Ourense.

Máis información e imaxes en http://cineclubepf.blogspot.com

Categoría: Noticias
Etiquetas: