O Centro Galego de Artes da pecha mañá mércores día 12 de decembro (20.30 horas) o ciclo promovido polo Consello da Cultura Galega “Cine e Emigración” coa proxección de A Cicatriz Branca (2012) de Margarita Ledo. A última película de Margarita Ledo contribúe a recuperar as pisadas, xestos, ecos e lugares dos fluxos migratorios galegos na Arxentina mesturando sabiamente ficción e fondo documental. A propia autora e a actriz protagonista, Eva Veiga, presentarán o filme e estarán a disposición do público no coloquio posterior á proxección. A entrada é de balde. A CICATRIZ BRANCA
(España, 2012)
Dirección e guión: Margarita Ledo. Produción: Nós P.C., Haddock Films e CRTVG. Fotografía: Pablo Cayuela. Intérpretes: Eva Veiga, Xabier Deive. Duración: 92 minutos.
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron saoas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Pasa tres días na Estación Constitución onde a sú vida entrenza coa de outras migrantes. A partir do real documental, un filme galego mosaico e palimpsesto capaz de agrupar materiais de diversa procedencia –incluso unha novela, Porta blindada, da propia cineasta- e de relacionar de xeito sutil uns elementos ou pezas con outras (imaxes, xestos, ton, espazos, música, lus, sons).