O CGAI PROXECTA NORTEANDO NO CICLO DE CINE E EMIGRACIÓN

10 / 12 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá martes día 11 de decembro (18.000 e 20.30 horas) o penúltimo titulo do ciclo “Cine e Emigración”, o filme mexicano Norteado (2009) de Rigoberto Pérezcano, premiado en Rotterdam e San Sebastián. O filme axústase a un dos motores do ciclo, o desprazamento físico, antropolóxico e vivencial aos Estados Unidos. A entrada é de balde. NORTEADO    

(México-España, 2009)
Dirección: Rigoberto Pérezcano. Guión: Edgar San Juan e Rigoberto Pérezcano. Produción: Tiburón Filmes e Mediapro. Fotografía: Alejandro Cantú. Intérpretes: Harold Torres, Alicia Laguna, Sonia Couoh. Duración: 95 minutos.  
Andrés chega á fronteira de México con Estados Unidos. En Tijuana descobre as dificultades da cidade e do pase dun país a outro. Minimalista e contida, Pérezcano nos afasta da denuncia inane ou da épica gratuita para conferirlle dignidade e autenticidade aos seus protagonistas. Premios nos certames de Rotterdam e San Sebastián.

Categoría: Noticias
Etiquetas: